terça-feira, 7 de outubro de 2008

José-Martinho Montero Santalha: «A nosa idea é a da tradición máis importante do galeguismo»


Ainda em relaçom com a notícia da criaçom de umha nova Academia Galega, também foi publicada umha entrevista com o presidente da nova entidade: José-Martinho Montero Santalha, catedrático de Didáctica da Língua e da Literatura Galega na Universidade de Vigo.

Martinho Montero Santalha, catedrático da Universidade de Vigo, afirma que foi «unha xornada de moita esperanza, unha luz que se acende en favor da vida da nosa lingua, que pode axudar, xa que temos unha situación moi dramática».

Afirma que esta nova entidade quere ter «irmandade con outras academias e traballar por un futuro mellor e máis próspero para o noso país».

Sobre a situación do idioma, valora que «está morrendo precisamente porque non se aproxima ao portugués, porque a xente non ten a idea clara de cal é o valor real da nosa lingua. A idea que nós defendemos, da unidade lingüística galego-portuguesa, é a da tradición máis importante do galeguismo e da Filoloxía Románica. A xente tería un maior orgullo da súa lingua sabendo que, sen deixar de ser súa, e con maior autenticidade, é un idioma de dimensión mundial e que ten unha vida moi asegurada para o futuro. O mesmo galego que algúns defenden ser unha lingua independente segue a ser hoxe portugués: porque aínda que, poñamos por caso, se escriba galiña con ñ en lugar de con nh é a mesma palabra co mesmo significado».

Fonte: La Voz de Galicia.

Nenhum comentário: