sábado, 4 de abril de 2009

Hoje, concerto de Cantos na Maré na TVG

Já vos falei no seu dia da ediçom deste ano de 'Cantos na Maré', que decorre em Ponte Vedra e serve para promover o diálogo musical no mundo lusófono, Galiza incluída. Hoje à noite podemos ver o concerto principal na TVG. Abaixo reproduzo o texto que anuncia o programa na página da TVG.

Hoxe, sábado, día 04/04/2009

A Televisión de Galicia ofrecerá esta noite, desde o Pazo da Cultura de Pontevedra, un concerto de "CANTOS NA MARÉ", que xa se converteu nunha referencia musical para o encontro das culturas de fala lusa.

Con Uxía Senlle como vocalista e directora do festival e Paulo Borges como director musical, o cartel do concerto conta coa presenza da cantante e compositora caboverdiana Sara Tavares, un dos nomes novos que está a soar na World Music, e co actor e fotógrafo brasileiro Paulinho Moska.

O cartel do evento tamén conta con artistas da talla de Sergio Godinho, recoñecido como toda unha institución en Portugal polas súas facetas de músico, actor, escritor e realizador. De máis ao sur procede Waldemar Bastos, o angolano que emprega a súa música como denuncia pola situación que atravesan os países africanos e o seu en particular. Condenado no seu país, foi no seu exilio en Brasil e en Portugal onde comezou a gravar unha música directamente vinculada cos movementos emerxentes. A voz solista actual de Berrogüeto, a do galego Xabier Díaz, será a que represente a Galicia no concerto.

Todos os artistas que suban ao escenario do Pazo da Cultura pontevedrés estarán acompañados por unha banda básica formada por Jon Luz, Quiné, João Ferreira, Rubén Santos, Paulo Temeroso, Norton Daiello e Guillerme Fernández.

Sinopse de “Musical Cantos na Maré”

Un concerto incluído dentro do festival internacional “CANTOS NA MARÉ”, que xa se converteu nunha referencia musical para o encontro das culturas de fala lusa, amosará esta noite na Televisión de Galicia as mellores creacións musicais do mercado atlántico contemporáneo, cunha banda de ao redor de medio centenar de artistas de fala lusa que son os protagonistas da sexta edición, no marco do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Con Uxía Senlle como vocalista e directora do festival e Paulo Borges como director musical, o cartel do concerto conta coa presenza da cantante e compositora caboverdiana Sara Tavares, un dos nomes novos que está a soar na World Musi, e co actor e fotógrafo brasileiro Paulinho Moska, que fará subir a temperatura coa interpretación de temas tan coñecidos como Lágrimas de diamantes.
Ademais como os veteranos tamén son imprescindibles nos festivais, o cartel do evento pontevedrés tamén conta con artistas da talla de Sergio Godinho, recoñecido como toda unha institución en Portugal polas súas facetas de músico, actor, escritor e realizador. De máis ao sur procede Waldemar Bastos, o angolano que emprega a súa música como denuncia pola situación que atravesan os países africanos e o seu en particular. Condenado no seu país, foi no seu exilio en Brasil e en Portugal onde comezou a gravar unha música directamente vinculada cos movementos emerxentes. A voz solista actual de Berrogüeto, a do galego Xabier Díaz, será a que represente a Galicia no concerto.

Todos os artistas que suban ao escenario do Pazo da Cultura pontevedrés estarán acompañados por unha banda básica formada por Jon Luz, Quiné, João Ferreira, Rubén Santos, Paulo Temeroso, Norton Daiello e Guillerme Fernández.

Nenhum comentário: